Navidade e Amor
É Navidade.
No bosco da alma encantada
faise un silencio celestial
un silencio verde de falsa paz.
O neno deitando no seu berce,
oculta seu rostro,
como querendo olvidarse dos seres humáns.
A neve cae sen cesar,
e todo se expresa en necesidades animais.
A herba segue medrando,
aunque mollada e fría, chea de terra negra
e botando as bágoas para chorar.
É Navidade,
e o lamentar dos agros
é un tristeiro credo que sempre hai que renovar
esperando que unha botella de champán
trate de apaga-la voz que rosma internamente.
O sol bebe viño polas noites,
para tratar de durmir unha vez máis,
e apaga-lo seu esplendor
que un día brilou, despreciable,
no corazón e no peito dun oscuro mar amante.
É Navidade, pero nada máis.
Autor: Xosé Roi Brâs
